Friday 19 de April de 2024

Comezan as obras para a renovación da pavimentación e servizos en seis rúas situadas no entorno do Cemiterio de Riveira


O Concello de Riveira informa do inicio dunha actuación dirixida á renovación do pavimento e dos servizos de seis rúas situadas na cidade de Riveira: Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Ramón Aller, Amor Ruibal, Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, todas elas enclavadas no entorno do cemiterio municipal de Santa Uxía.

A que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Excavaciones Nima, S.L. A actuación supón un investimento de 113.898 euros e o prazo da actuación son cinco meses.

As rúas mencionadas dispoñen dun pavimento asfáltico en mal estado, mentres que as redes de saneamento e pluviais son deficitarias ou, nalgúns casos, inexistentes. Ademais, carecen de separativo de augas fecais e pluviais.

O obxectivo que se persegue coa actuación reside en pavimentar as devanditas rúas con aglomerado asfáltico previa demolición dos pavimentos actuais.

Así mesmo, instalaranse novas redes de saneamento e pluviais con tubaxes de PVC de 250 e 315 milímetros de diámetro. O proxecto inclúe o pintado das marcas viarias.